In Partnership with AOL Search

DMOZ

Quen somos e que facemos

El DMOZ Open Directory Project (ODP) é o directorio editado por persoas, máis extenso da rede e é recompilado por unha enorme comunidade mundial de editores voluntarios.

O DMOZ é o motor dos servizos de directorio dalgúns dos portais e buscadores máis populares da rede, incluíndo AOL Search, Google, Lycos, y HotBot, e outros centos.

O DMOZ é 100% gratuito. Non hai custo ningún por suxerirnos un sitio ou por usar os nosos datos. Calquera pode descargar e usar os datos de DMOZ sen custo algún, sempre que cumpran o Acordo de licenza gratuíta e Atribución de DMOZ. Tampouco ten ningún custo o feito de listar ou suxerir sitios.

Quen dirixe o DMOZ?

O DMOZ está aloxado e administrado por AOL. Está dirixido por un reducido staff responsable da dirección e as políticas editoriais, da xestión e o desenvolvemento da comunidade e da enxeñería dos sistemas. Con todo, o DMOZ é en primeiro lugar unha comunidade de cidadáns da rede auto-regulada, que basicamente se dirixe a si mesma. Mediante un sistema de auto-goberno, os editores voluntarios de DMOZ xestionan o crecemento e o desenvolvemento do directorio e mediante un sistema de control e balance asegúrase a calidade superior do directorio.

O DMOZ está inspirado no Open Source, é unha iniciativa xestionada por voluntarios. AOL adminístrao coma un organismo sen ánimo de lucro e comprométese a mantelo como un recurso aberto e gratuíto por medio do seu Contrato Social coa comunidade web.

Que significa "DMOZ" e que relación ten co Open Directory Project (ODP)?
Ao DMOZ, que é un acrónimo de Directory Mozilla tamén se lle coñece como ODP. Este nome reflicte a súa relativa relación co proxecto Mozilla de Netscape, unha iniciativa sobre un navegador de Open Source. O DMOZ foi desenvolvido dentro do espírito do Open Source, onde o desenvolvemento e o mantemento é realizado por cidadáns da rede e os resultados póñense a disposición de todos os cidadáns da rede de forma gratuíta.
En que se diferenza DMOZ doutros directorios como Yahoo! ou LookSmart?

Outros directorios como Yahoo! ou LookSmart están desenvolvidos e xestionados por pequenos cadros de persoal remunerados. O DMOZ foi fundado baixo a premisa de que os directorios con poucos empregados non poden soportar o crecemento da rede e seguir mantendo un directorio actualizado e de calidade.

O DMOZ está desenvolvido e xestionado por unha comunidade de cidadáns da rede en constante crecemento que son expertos nas súas áreas de interese. Dada esta gran comunidade de expertos nas distintas materias e o carácter global do directorio, sempre hai alguén traballando no directorio: procesando os sitios enviados, reparando ligazóns mortas, mantendo únicamente a información de calidade e eliminando o resto e descubrindo novos temas que engadir.

Ao contrario que os pequenos cadros de persoal de pago, os editores DMOZ son buscadores da web creando un directorio para outros buscadores da rede. Esta clase de filantropía e paixón xera un directorio que xustamente é relevante para a xente que está buscando na rede e polo modo en que buscan información na rede.

En que se diferencia o DMOZ dun buscador?
O DMOZ é un directorio web, non un buscador. Aínda que ofrezamos un buscador de termos, o propósito do DMOZ é listar e categorizar sitios web. Non medimos a súa importancia e non promocionamos nin optimizamos os sitios para os motores de procura. O DMOZ é simplemente un provedor de información. Para utilizar dita información os usuarios do tipo AOL, Netscape ou Google, instalan a súa propia aplicación de procura no seu sitio web. DMOZ non ten influencia nin coñecemento sobre o xeito que estes buscadores procesan as procuras.
Como podo informar sobre un posible abuso no directorio?
Se sospeita que un sitio web ou un editor está abusando en DMOZ, por favor contacte co admin/staff de DMOZ aportando un informe detallado da sua reclamación e empregando o formulario de observacións.
Como podo enlazar co DMOZ?
Apreciamos as ligazóns desde outros sitios web, temos variedade de ligazóns útiles e banners realizados polos usuarios. Revise a sección Linking to DMOZ para máis información. ¡Grazas por apoiar o DMOZ!