Contas de editor
- Unha conta de editor, unha persoa
- Contas caducadas e reactivación
- Renunciando á súa conta
- Suspensión de contas
Unha conta de editor, unha persoa
As contas de editor ODP son expedidas soamente para uso da persoa que as solicitou. As contas non deben ser compartidas entre parentes, compañeiros de traballo, ou amigos; anímeos mellor a solicitar a súa propia conta. As contas que se descobre son compartidas entre múltiples persoas poden ser removidas.
Só se permite unha conta de edición ODP por persoa. Os editores previos, xa sexa que caduquen por falta de actividade, renuncien, ou sexan removidos, deberán enviar un formulario de solicitude de reactivación. Os editores previos que se volveron a unir ao ODP baixo unha nova conta, ou aqueles con múltiples contas de edición, poderán ser regresados ao seu antigo IDE, reducidos a unha conta, ou ser completamente removidos, a discreción dos editores meta e o staff.
Por razóns técnicas, e para preservar os rexistros de edición e auditoría, non somos capaces de cambiar o IDE de editor de ningunha persoa unha vez que foi asignado.
Contas caducadas e reactivación
A súa conta permanecerá activa mentres faga polo menos unha edición nun período de catro meses. As contas caducan se non se fai unha edición en catro meses, aínda se entrou a ODP durante ese período de tempo. Pode pedir a reactivación da súa conta enchendo o formulario de reactivación de conta. Se era un bo editor, a súa conta será moi probablemente reactivada. Se a súa conta foi revogada ou se recibiu advertencias por edición abusiva ou de mala calidade, entón tal vez decidamos non reinstalar a súa conta. En todos os casos, podemos reinstalar os privilexios de edición en forma completa ou parcial á nosa soa discreción, e podemos elixir non reinstalar unha conta caducada por diversas razóns. Os editores deben contactar xa sexa ao staff de ODP ou a un editor meta se teñen dúbidas sobre a reactivación de contas.
Renunciando á súa conta
Se decide deixarnos, pode deixar que a súa conta caduque, ou renunciar vostede mesmo. Para removerse vostede mesmo, seleccione "Renunciar como editor dunha categoría" na súa páxina de edición principal. Quite a marca á opción xunto a "Editor", vaia á parte baixa da pantalla e dea as razóns para a súa renuncia, e entón aperte o botón enviar. Non necesita renunciar das categorías que edita. O quitar a marca xunto a "Editor" encárgase diso. O sistema pediralle que confirme a súa solicitude. Unha vez que renuncie, non será capaz de volver entrar. Se decide volver unirse ao ODP despois, pode enviar a súa solicitude de reactivación usando o formulario de reactivación de conta.
Suspensión de contas
Ademais das causas mostradas noutros sitios desta guía, removemos editores ou revogamos os seus privilexios de edición (en parte ou completamente) á nosa sóla discreción, por diversas razóns. Tales razóns poden incluír, pero non se limitan a, o seguinte:
- Incumprimento da guía de edición.
- Incapacidade de funcionar ben dentro da comunidade do Open Directory
- Pobre edición.
- Comportamento incivilizado cara aos que envían sitios, outros editores, ou o staff de ODP.
- Violación da privacidade do foro e correo electrónico en ODP.
- Autopromoción (como catalogar sitios propios como moi interesantes, manipulación de títulos ou descricións, e agregar ou promover só os sitios propios.
- Discriminar ou alterar as listaxes de competidores co propósito de danar a un competidor.
- Enviar spam ao directorio.
As contas de edición poden ser removidas por editores meta só logo dunha coidadosa discusión, avaliación e acordo en consenso. O staff de ODP revisa todas as decisións de suspensión de contas feitas polos editores meta. Os editores meta e o staff de ODP poden remover o privilexio dun editor a editar unha ou máis categorías ou doutro xeito limitar os privilexios editoriais dun editor á súa discreción. Tamén poden remover completamente a un editor do ODP. Os editores poden enviar comentarios sobre calqueira das devanditas decisións ao staff de ODP.