In Partnership with AOL Search

DMOZ

Guías de estilo de edición

O propósito destas guías é aconsellar aos editores sobre a adecuada toma de decisións e xuízo editorial. Os usuarios finais deberán poder determinar o relevante sen ter que visitar o sitio. Por iso, as anotacións no directorio (é dicir, os títulos e descricións) deberán describir obxectivamente o tema do sitio e/ou o seu contido. Os propósitos principais destas guías son:

Deberá acomodarse aos estilos individuais, e evitar adoptar un punto de vista fundamentalista destas guías sendo esaxeradamente crítico e meticuloso no formato de URLs, títulos e descricións. Os editores deberán ter en mente que aínda que a calidade das descricións é importante para a relevancia, a calidade de as ligazóns mesmas é aínda máis importante para a utilidade e calidade xeral do ODP.

Capturando o URL correcto

Exemplos de URLs (pronto)
Guías relacionadas: URLs de redirección e "enmascarados"

Títulos

O título deberá identificar o sitio, non describilo. Deberá ser tanto informativo como conciso.

Os bos títulos ....

Vexa exemplos de títulos

Descricións

A descrición dá información específica sobre o contido e/ou tema do sitio. Deberá ser informativa e concisa, usualmente non maior dunha ou dúas liñas. A fórmula básica para unha boa descrición é Descrición = Tema Contido

Nalgúns casos, o contido de todos os sitios na categoría será o mesmo. Por exemplo, sitios sobre negocios ou organizacións conteñen información similar como unha páxina "acerca de", unha sección de produtos e servizos, etc. Nestes casos, é correcto simplemente describir o que fai a compañía, enfocándose nos seus produtos, servizos e especializacións (é dicir, no tema).

As boas descricións:

  1. Son concisas, informativas e obxectivas, de xeito que permiten ao usuario final saber que atopará cando visite un sitio web.
    • Subliñan os temas e os contidos do sitio, o que permite ao usuario determinar apropiadamente a relevancia.
    • Inclúen termos específicos e relevantes que farán máis fácil ao usuario final determinar a relevancia dun sitio na súa procura.
  2. Usan oracións ou estruturas de frases lóxicas e unha puntuación e un uso das maiúsculas adecuados para facer máis fácil ao usuario ler as listaxes no directorio.
    • Comezan cunha maiúscula e terminan cun punto.
    • Usan pronomes persoais en terceira persoa, sempre que sexa posible e evitan utilizar os de primeira e segunda persoa (por exemplo "vostede", "o seu", "nós", "noso" ou "eu"), que son demasiado subxectivos.
    • Están verificadas con axuda do corrector ortográfico.
    • Evitan o uso de acrónimos ou abreviaturas que non sexan de uso común e comprensibles para a maioría dos usuarios potenciais da categoría
  3. Non se len como anuncios en liña ou linguaxe de vendas e evitan ofrecer opinións ou respostas críticas. ODP non fai publicidade dos sitios web nin ofrece críticas.
    • Evitan os superlativos como "mellor" "maior" "máis grande" ou "máis barato".
    • Non usan puntuación enfática (por exemplo, "!!!"), só maiúsculas para denotar énfases, ampersands ("&") ou puntos suspensivos ("...").
    • Non conteñen opinións persoais sobre algún aspecto do sitio web.
  4. Non repiten innecesariamente palabras-crave ou outras informacións superfluas.
    • Non repiten integramente o título do sitio.
    • Non repiten en exceso o nome de categorías, palabras-clave, frases ou adxectivos.
    • Non conteñen datas específicas, prezos, números ou outras informacións que poden cambiar co tempo.
    • Non conteñen oracións ou frases sobreutilizadas, como aquelas que empezan con: "Este sitio é..." "O sitio inclúe..." ou terminan con "etc." ou "e máis".
    • Non inclúen direccións de correo postal ou electrónico, indicacións sobre saídas próximas de autovías ou autoestradas, números de teléfono ou fax, instrucións para usar sistemas contestadores, horarios de traballo, prezos ou outros URL.
  5. Non fan referencia a contido obtido ilegalmente (por exemplo, versións piratas de software e música).
  6. Poden conter algunhas citas literais do sitio (talles como un breve extracto da páxina "Achega" do sitio ou de apartados de información similares) se o parafrasealas é difícil.

Campo de notas de ODP

Este campo está dispoñible para que o editor poida comunicar información pertinente sobre un sitio web aos seus colegas editores.

Exemplos dalgúns tipos de comentarios apropiados para este campo inclúen:

Cando engada, borre, e mova sitios, ou cambie o URL dun sitio listado, a acción será documentada por notas automáticas. Con todo, deberá mencionar unha razón de maneira que as súas accións sexan claras a outros editores que poidan editar o URL. Debe darse unha razón cando se borre un sitio..

Creáronse Bookmarklets para automatizar a creación de tipos comúns de notas de editor.

Campo de orde por data

O campo de data pode ser usado para as datas de publicacións de medios como artigos ou revisións, ou para eventos limitados como conferencias. As listaxes cunha data ordénanse de acordo á mesma (non alfabeticamente). Son colocados xuntos na parte inferior da páxina, baixo as listaxes que non teñen unha data. Un sitio con data non pode ser marcado "moi interesante".

A data de revisión, de sitio daqueles sitios regularmente actualizados, non deberá reflectirse no campo de data, pois é suxeita a cambios.

O campo de data non debe usarse para introducir a data en que o sitio foi editado, ou para outras razóns como controlar a orde en que os sitios son mostrados na categoría.

Sitios moi interesantes

Pode designarse como "moi interesante" a un sitio que sobresae entre o resto da súa categoría. Un sitio "moi interesante" debe ser o máis completo, de rico contido e definitivo sobre o tema. O sitio deberá así mesmo ter un deseño utilizable (o público debe ser capaz de ler o contido) e navegación intuitiva (as ligazóns deberán funcionar e ser doadas de atopar). Idealmente, xa que o sitio moi interesante é o mellor na categoría, só deberá haber un. Con todo, poden ser apropiados dous sitios moi interesantes nalgunhas ocasións.

Os editores non deberán marcar como moi interesantes os seus propios sitios ou ningún sitio co que estean afiliados, incluíndo as afiliacións persoais, ou de negocios. O facelo é contrario á política e misión de ODP de prover recursos obxectivos e xustos aos usuarios finais. É tamén contrario a esta política o pedir a outro editor que marque como moi interesante un sitio co cal está vostede afiliado. O mal uso da marca moi interesante podería resultar na perda dos seus privilexios de edición. Por favor vexa a sección sobre Conflitos de interese para maiores explicacións.

Nota: Por favor utilice a marca moi interesante en lugar de crear categorías chamadas "Seleccións do editor".

Lea máis información sobre os sitios moi interesantes.