In Partnership with AOL Search

DMOZ

Características de categoría

Barras alfabéticas

Utilice barras alfabéticas para organizar sitios como o último recurso. Xeneralmente, os editores deberán usalas raras veces porque non é fácil para os usuarios finais navegar a través delas. Exemplos de casos onde as barras alfabéticas poderían ser útiles inclúen coleccións de centos de URLs ou ligazóns@ que non poden ser facilmente subcategorizados, tales como nomes de artistas e autores. Os editores atoparán frecuentemente útil o consultar con outros colegas editores se unha barra alfabética é a mellor opción para subcategorizar.

Para crear unha barra alfabética, seleccione a ligazón "Crear unha barra alfabética" na páxina de edición da categoría. Esta ferramenta guiarao a través do proceso de crear a barra alfabética e colocará os sitios baixo a letra correcta.

Orden de prioridade

As subcategorías e as ligazóns@ poden ser agrupadas xuntas en 2 ou 3 grupos. Estes grupos serán separados por liñas horizontais. Cada grupo está separado por unha liña horizontal.

Usando a orden de prioridade

A orde de prioridade deberá agrupar categorías similares xuntas nunha forma lóxica e intuitiva. A orde de prioridade pode ser usado como unha alternativa a crear unha capa adicional de subcategorías. Está pensado para listar as máis populares ou frecuentemente visitadas subcategorías, preto da parte superior da pantalla. Tamén se usa para separar dous diferentes aspectos dunha categoría. Usualmente non é útil nunha categoría que non teña moitas subcategorías, xa que o dividilas en dous ou tres grupos realmente non cambiará a aparencia da categoría. Teña ao usuario final en mente cando ordene as categorías, xa que esta ferramenta está pensada para axudarlles a revisar e navegar o Directorio.

Seleccionando a orden de prioridade

Se outros editan na súa categoría, asegúrese de discutir as súas ideas sobre a orde de prioridade con eles antes de seleccionar o mesmo.

Para seleccionar a orde de prioridade da súa categoría, seleccione a ligazón "Establecer orde de prioridade de subcategorías" na páxina de edición da categoría. Use os botóns de selección xunto aos nomes de categorías para especificar como deben ser ordenadas as subcategorías.

Ligazóns@

Tamén coñecidas como symlinks, as ligazóns@ apuntan a categorías que poderían servir como subcategorías da categoría actual. Os symlinks distínguense polo @ ao final do nome da categoría. Pode haber moitas ligazóns@ nunha sóla categoría. As ligazóns@ mestúranse coas subcategorías. Unha nova subcategoría que duplicaría os contidos dunha categoría existente debería ser substituida por unha ligazón@ a devandita categoría. O ter máis dunha categoría cas mesmas listaxes significa máis traballo para os editores e un directorio menos útil para os usuarios.

Arts/Performing_Arts/Magicians@ - Esta ligazón@ levará ao usuario a Arts: Performing_Arts: Magic: Magicians. Xa que logo, a categoría Magicians@ está enlazada a Magic/Magicians e Magic/Magicians está enlazada@ desde Arts: Performing_Arts..

Creando ligazóns@

Para agregar unha ligazón@ nunha categoría, vaia á páxina de edición de devandita categoría e seleccione "Agregar ligazón@" ao final da lista de subcategorías. Use barras inclinadas para separar as categorías na ruta á categoría a que desexe enlazar, e substitúa calquera espazo no nome da categoría con espazos subliñados ("_"). Na súa páxina de edición, unha ligazón@ a unha categoría na que non ten privilexios de edición aparecerá en negro (xa que non pode editar en devandita categoría).

Consello de edición: Pode *copiar* o título da categoría así, "Top:Computers: Internet: WWW: Searching the Web: Directories," e logo pegalo no espazo "Categoría" da forma. A maioría dos sistemas copiarán o texto usando o comando "ctrl-c" e pegarano co comando "ctrl-v." O software automaticamente cambia os puntos dobres con espazos a barras inclinadas e os espazos a espazos subliñados. Estes é moito máis rápido e deixa menos marxe de erro. O único que quedaría pendente facer sería excluír a palabra "Top:" da ligazón, xa que o sistema non recoñecerá a categoría se lla inclúe.

Borrando ligazóns@

O botón "eliminar ligazón" xunto ás ligazóns@ na páxina de edición non necesariamente borrará a ligazón. Se accidentalmente selecciona o botón "eliminar ligazón" (ou se quería borrar unha ligazón@ pero logo cambia de idea), seleccione o botón "Retroceder" no seu navegador. En realidade, o seleccionar xa sexa o botón "Confirmar" ou "Cancelar" na páxina de confirmación de borrado causará que a ligazón@ sexa borrada. Ao seleccionar o botón "Retroceder", poderá ignorar a solicitude de borrado.

Categorías relacionadas

As ligazóns a categorías relacionadas apuntan a categorías sobre temas conectados noutras áreas do ODP. Debería haber só unhas poucas categorías relacionadas en cada subcategoría. Frecuentemente unha ligazón recíproca entre dúas categorías configurarase como unha ligazón@ nunha dirección e como unha categoría relacionada na outra.

Creando categorías relacionadas

Para crear unha ligazón a categoría relacionada vaia á súa páxina de edición da categoría e seleccione [Agregar/eliminar categoría relacionadas do Open Directory] e escriba os nomes das categorías.

Cando usar unha ligazón@ vs unha ligazón de categoría relacionada

Nota: Pode solicitar ligazósn@ e ligazóns a categorías relacionadas a través dos editores meta ou editall, se vostede non ten dereitos de edición nunha categoría cando pense que unha ligazón@ ou unha ligazón a categoría relacionada sería útil. Cada categoría ten un fío nos foros dedicado a este tipo de solicitudes. O fío usualmente chámase - Mover/Renombrar/Borrar/Idiomas Alternos en Categorías. Non insira ligazóns@ ou ligazóns a categorías relacionadas que leven ás súas bookmarks de editor. Os bookmarks de editor son espazos persoais, e non están pensados para ser visibles publicamente.

Guías e políticas das categorías

Na páxina de edición da categoría, o item "3. Editar descrición da categoría" permítelle agregar unha descrición da categoría, notas para envíos de sitios e normativas específicas para a súa categoría.

A sección Texto descriptivo da categoría serve para que editores e buscadores web aprendan máis sobre o tema e o alcance e propósito da súa categoría. Poderá ver a descrición da categoría seleccionando a ligazón "Descrición" na parte superior dereita da páxina pública da súa categoría.

Unha boa descrición de categoría ...

A sección Notas para o envío de sitios é para aqueles que envían sitios á súa categoría. Esta sección será mostrada cando alguén seleccione a ligazón "Agregar URL" na páxina da categoría. Unha boa nota para envío inclúe todos os aspectos dunha boa descrición da categoría e ademais

A sección de Texto de normativas da categoría é só para editores. Se está engadindo normativas para a categoría, outros editores na súa categoría deberán estar de acordo antes que sexan colocadas nesta sección.

A Guía do ODP aplícase a cada rama e categoría do directorio. Os editores nalgunhas ramas superiores do ODP crearon os seus propios conxuntos de guías que están deseñados para complementar estas guías xerais universais. As guías de cada categoría provén instrucións para manexar temas taxonómicos e ontolóxicos únicos relevantes ao área do tema da categoría. Por favor noten que as guías específicas de categoría nunca deberán contradicir en ningún aspecto a esta guía, e nunca as guías específicas de categoría precederán sobre a Guía do ODP. Existe un almacén de ligazóns a guías específicas de categoría e preguntas frecuentes en Computers: Internet: Searching: Directories: Open_Directory_Project: Policies_and_Procedures: Editing_Guidelines.

Preguntas frecuentes da categoría

As preguntas frecuentes da categoría son unha forma na que pode prover información aos usuarios e editores nun formato de preguntas e respostas. As preguntas frecuentes deberán conter información sobre a categoría, e ofrecer respostas ás dúbidas sobre alcance e contido. As mesmas guías sobre crear unhas boas normativas de categoría aplican para crear boas preguntas frecuentes.

O staff de ODP poderá alterar as normativas e preguntas frecuentes de categorías á súa discreción, particularmente aquelas que violen as guías oficiais de edición e envío de sitios.